DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022/86-2).

Mediante a Resolución do 21 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, outorgouse autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica denominada LAT 20 kV e Vilamoure, no concello de Lugo.

O 19 de xullo de 2023 tivo entrada nesta xefatura territorial a solicitude presentada por Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (Begasa) relativa á declaración de utilidade pública para a instalación eléctrica denominada LAT 20 kV e Vilamoure, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados (en diante, a RBDA), de acordo co previsto no artigo 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Denominación: LAT 20 kV e Vilamoure.

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Ramón María Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

− Liña aérea de alta tensión a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente núm. A41511 e final no apoio núm. A29964 da LAT Tablicia, cunha lonxitude de 678 metros en condutor existente tipo LA-56, na cal se instala un apoio novo tipo C-2000-16.

− Liña soterrada de alta tensión a 20 kV, con orixe e final no paso aéreo a soterrado do apoio núm. 2 proxectado na LAT Tablicia, con entrada e saída no CT proxectado Vilamoure, cunha lonxitude de 90 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

− CT Vilamoure en edificio prefabricado, cunha potencia máxima de 630 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V e dúas celas de liña telemandadas e unha de protección de transformador.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria e Innovación (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), así como no Concello de Lugo. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Concellería de Economía, Industria e Innovación a través do seguinte enderezo:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-vilamoure

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: LAT 20 kV e CT Vilamoure.

Concello: Lugo.

Expediente: IN407A 2022/86-2.

Nº de predio

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietarios

Apoio
(nº)

Apoio

Superficie ocupación permanente (m²)

LAT soterrada

Superficie ocupación permanente (m²)

CT

Superficie ocupación permanente (m²)

1

27900A138008560000SI

138

856

Vilamoure

Monte baixo

José Antonio Rodríguez López

Fernando Rodríguez López

María Luisa Rodríguez López

Margarita Rodríguez López

1

9

9

42