DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Toques (expediente IN407A 2023/441-1).

Expediente: IN407A 2023/441-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA MEL-705, apoio B3BB06DJ//86-B7-14.

Concello: Toques.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña MEL-705 rexistrado no expediente IN407A 20216/2363-1 denominado derivada a CT Muruxosa (expediente IN407A 2013/1313-1/matrícula 15ADC1), de 317,2 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio nº 86-B7-13 (matrícula B3B50LTT) metálico tipo AM-C-1000/16-CR1-CAI e o apoio nº 86-B7-15-CT (matrícula B3BTO8T8) metálico tipo AM-C-2000/12-H35-CAI en que se atopa instalado o dito CT Muruxosa, consistentes en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no treito de 182,3 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 86-B7-14 (matrícula B3BB06DJ) de formigón tipo AL-HV-630/15 e o apoio nº 86-B7-15-CT (matrícula B3BTO8T8) antes indicado.

– Desconexión e desmontaxe dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 86-B7-14 (matrícula B3BB06DJ) antes indicado, que será substituído polo novo apoio metálico tipo AM-C-1000/18-H40R-CAI, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15084A005000530000ME cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 86-B7-13. Este novo apoio terá a condición de frecuentado e nel proxéctase a instalación de novos elementos de protección e manobra tipo XS.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no treito de 182,3 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 86-B7-14 unha vez substituído e o apoio nº 86-B7-15-CT existente.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña MEL-705 de 134,9 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 86-B7-13 existente e o novo apoio nº 86-B7-14 proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm, 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Toques.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 23 de febreiro do 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: regulamentación LMTA MEL-705, apoio B3BB06DJ//86-B7-14.

Concello: Toques.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie
(m2)

Lonxitude
(m)

Superficie
(m2)

1

Descoñecido

15084A005000530000ME

Regueira

Novo apoio

nº 86-B7-14

2

Rústico, agrario