DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2023/428-1).

Expediente: IN407A 2023/428-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución dos apoios A5EX0LET//6 (13130582) e A5DELLOV//7 (13130583) pola fin da súa vida útil na LAMT 20 kV SNT-827 Viduido-Ponte Espino, 27.

Concello: Ames.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña SNT-827 autorizado no expediente 27.321, de 395,6 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 5 (matrícula A5GTCNXB) de formigón tipo A-AL-HV-800/14-Lira-6xCA e nº 9 (matrícula A5BA1NK3) de formigón tipo A-AL-HV-500/12-BR1-6xCA, consistentes en:

– Substitución do apoio nº 6 (matrícula A5EX0LET) de formigón tipo A-AL-HV-500/14-Lira-3xCS polo novo apoio metálico tipo celosía A-AL-C-2000/14-H35-6xCA(CS), respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15002A51501458 sita na parroquia de Biduido cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 9.

– Substitución do apoio nº 7 (matrícula A5DELLOV) de formigón tipo A-AL-HV-500/14-Lira-3xCS polo novo apoio metálico tipo celosía A-AL-C-2000/16-H35-6xCA(CS), respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15002A50800328 sita na parroquia de Biduido cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 5.

– Regulación do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña SNT-827 de 129,4 metros de lonxitude conformado polos apoios nº 5 existente e nº 6, unha vez substituído este.

– Regulación do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no treito da liña SNT-827 de 168,8 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 7 e o apoio nº 9 existente, unha vez substituído o apoio nº 7.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/428-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución dos apoios A5EX0LET//6 (13130582) e A5DELLOV//7 (13130583) pola fin da súa vida útil na LAMT 20 kV SNT-827 Viduido-Ponte Espino, 27.

Concello: Ames.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

1

María Raña Costoya

15002A508003280000BI

Tercedeira

Novo apoio nº 7

2

Matogueira