DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 7233/2023, seguido ante a Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Terceira) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con motivo do recurso interposto fronte ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de xuño de 2023, polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado de mellora de accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio por medio do cal se ordena a remisión do expediente administrativo correspondente ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de xuño de 2023, polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado de mellora de accesos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) (DOG núm. 110, do 12 de xuño), con motivo da interposición dun recurso contencioso-administrativo fronte a este.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento para que, de conformidade co artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poidan comparecer como parte demandada nos autos no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024

Pilar Arias Graña
Secretaria xeral técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade