DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Xanceda II (Mesía-A Coruña) para ser notificado por comparecencia da resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Xanceda II (Mesía-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia da resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de marzo de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Xanceda II (Mesía-A Coruña)

DNI

Nº prop.

Acto notificado

76363902S

429

RDX 01.02.2024