DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en dilixencias por incumprimento en materia de montes.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 68.bis.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e debido á infrutuosa notificación dun requirimento para a retirada dunha repoboación forestal ilegal, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Montes.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 13.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa finalización.

Lugo, 4 de marzo de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

NIF persoa interesada

Referencia catastral das parcelas afectadas

Acto de notificación

DMM 180/2023

09962796R

27008A029003030000LH

Requirimento

DMM 321/2023

76572791H

27039A029000450000GZ

Requirimento