DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de marzo de 2024 pola que se notifica resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Iota, amarrada nas instalacións da Mariña Muros.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a Olivier Boivin e a Dominique Caro, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 22 de maio de 2023, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono e se incauta da propiedade da embarcación Iota con matrícula LR814606, amarrada nas instalacións da Mariña Muros, provincia da Coruña, España, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por encontrarse a embarcación amarrada nas instalacións da Mariña Muros en estado de abandono e sen aboar as taxas pendentes desde hai máis de tres anos, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011 (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque e, de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritaxe serán por conta do propietario e do arrendatario.

Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia