DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de febreiro de 2024, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización de varios departamentos novos nos bloques 1 e 2, no dominio público portuario de Rianxo.

Ao quedaren dispoñibles varios departamentos novos nos bloques 1 e 2, no dominio público portuario de Rianxo, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, pero en todo caso deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está a disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo establecido. En caso contrario non será admitida e deberá emendar a súa presentación tomándose como data de presentación a da emenda, co risco, no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos de que perdan o dereito ao trámite ou mesmo o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.

A Coruña, 21 de febreiro de 2024

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro