DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 18958

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos descentralizados no ámbito da formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Mediante a Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) onde se establecen a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que se poidan producir en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2024 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, anúnciase a convocatoria dos cursos descentralizados de formación continua dirixidos ao persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2024, cuxas bases e características se especifican no anexo desta resolución.

A Estrada, 11 de marzo de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Actividades formativas

Modalidade semipresencial

Denominación do curso

Modalidade

Provincia

Lugar

Horas lectivas

Prazas

Datas

Parte en liña

Parte práctica

Exame

Accidentes na estrada

Semipresencial

Ourense

Celanova

34

30

Do 30 de abril ao 24 de maio

25 de maio

28 de maio

Accidentes na estrada

Semipresencial

Pontevedra

A Estrada

34

30

Do 4 ao 28 de xuño

29 de xuño

1 de xullo

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Semipresencial

A Coruña

Bergondo

40

30

Do 3 de abril ao 3 de maio

4 de maio

6 de maio

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Semipresencial

Pontevedra

O Porriño

40

30

Do 17 de abril ao 17 de maio

18 de maio

20 de maio

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Semipresencial

Ourense

O Pereiro de Aguiar

40

30

Do 17 de abril ao 17 de maio

18 de maio

20 de maio

Organización e seguridade en eventos multitudinarios, probas deportivas e de motor

Semipresencial

Ourense

Esgos

16

30

Do 13 ao 28 de xuño

29 de xuño

1 de xullo

Coordinación de incendios en situación 2

Semipresencial

Lugo

Monforte de Lemos

20

30

Do 30 de maio ao 18 de xuño

15 de xuño

18 de xuño

Coordinación de incendios en situación 2

Semipresencial

Ourense

Verín

20

30

Do 23 de maio ao 7 de xuño

8 de xuño

11 de xuño

Busca de persoas desaparecidas

Semipresencial

Ourense

A Pobra de Trives

20

30

Do 7 ao 21 de xuño

22 de xuño

25 de xuño

Condución de vehículos todo terreo

Semipresencial

A Coruña

Ledoño-Culleredo

20

20

Do 26 de abril ao 10 de maio

11 de maio

11 de maio

Condución de vehículos todo terreo

Semipresencial

Lugo

Vilalba

20

20

Do 15 ao 29 de maio

30 de maio

30 de maio

Condución de vehículos todo terreo

Semipresencial

Ourense

Toén

20

20

Do 12 ao 26 de abril

27 de abril

27 de abril

Condución de vehículos todo terreo

Semipresencial

Pontevedra

A Estrada

20

20

Do 7 ao 21 de xuño

22 de xuño

22 de xuño

Modalidade presencial

Denominación do curso

Modalidade

Provincia

Lugar

Horas lectivas

Prazas

Datas

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

A Coruña

Santiago de Compostela

5

24

20 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

A Coruña

A Coruña

5

24

27 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Lugo

Monforte de Lemos

5

24

13 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Lugo

Ribadeo

5

24

27 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Lugo

Quiroga

5

24

11 de maio

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Ourense

Ourense

5

24

6 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Ourense

Petín

5

24

20 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Pontevedra

Vigo

5

24

1 de xuño

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Pontevedra

Pontevedra

5

24

15 de xuño

Curso básico de motoserras

Presencial

A Coruña

Sergude-Boqueixón

16

20

30-31 de maio

Curso básico de motoserras

Presencial

Lugo

Lugo

16

20

23-24 de maio

Curso básico de motoserras

Presencial

Ourense

Cortegada

16

20

13- 14 de abril

Curso básico de motoserras

Presencial

Pontevedra

Marín

16

20

4-5 de maio

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Presencial

Lugo

Quiroga

40

20

1, 2, 7, 8, 9 de xuño

Segunda. Contido das actividades formativas

O contido das diferentes actividades formativas convocadas por esta resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.gal) na epígrafe «Formación de colectivos».

Terceira. Destinatarios/as

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Ter superado o curso básico de protección civil.

b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

A agrupación/asociación de voluntarios de protección civil a que pertenza o solicitante deberá estar inscrita regulamentariamente no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados/as por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

3. Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico.

Aspectos recomendables para o PC:

– A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.

– Preferentemente conexión á internet de banda larga e un antivirus actualizado.

– Navegador: Mozilla Firefox 2 (recomendado), Microsoft Edge ou superior ou Google Chrome.

– Ter JavaScript e cookies activadas no navegador.

– Para ver os documentos en pdf, necesítase ter instalado Acrobat Reader.

– Para o desenvolvemento dos cursos na modalidade transmisión en directo (streaming) é necesario dispoñer de cámara web e micrófono.

4. Non está permitida a realización simultánea de cursos, tanto na modalidade presencial, semipresencial ou de telepresenza, sempre que exixan a presenza física do alumnado o mesmo tempo nalgún curso en que a persoa solicitante foi seleccionada.

Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria nunha ou en varias sesións presenciais con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

Quinta. Desenvolvemento da actividade

1. Na modalidade en liña.

a) A través da plataforma de formación da Agasp.

b) Datas: as edicións realizaranse segundo se especifica na base primeira desta convocatoria.

c) Horario: segundo disposición e necesidade do alumnado. Axustarase ao calendario establecido no propio curso.

d) O alumnado deberá acceder ao curso dentro dos primeiros dous días hábiles (excluídos sábados, domingos e festivos) a partir da data de inicio.

e) As persoas que non accedan ao curso no prazo indicado serán dadas de baixa nel, sen prexuízo de que poidan ser penalizadas coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

f) Desenvolvemento: o alumnado participante deberá realizar a través da plataforma de formación da Agasp, e de acordo cun calendario de presentación, as actividades incluídas no curso, que son:

i. Visualización dos contidos.

ii. Superación dos cuestionarios.

iii. Cumprimento das tarefas segundo as exixencias indicadas.

g) O/a alumno/a que non realice algunha desas actividades no prazo establecido será sancionado/a coa baixa no curso, sen prexuízo de que poida ser penalizado/a coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

2. Na modalidade presencial.

a) Lugar e data: realizarase presencialmente nas instalacións da Agasp nas datas establecidas no calendario do curso, sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións.

b) Uniformidade: é obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

3. Modalidade transmisión en directo (streaming).

a) través da plataforma de formación da Agasp.

b) Datas: as edicións realizaranse segundo se especifica na base primeira desta convocatoria.

c) Horario: o alumnado deberá estar conectado á plataforma de formación da Agasp para acceder as clases en liña en directo no horario que se especifica na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal.

d) As persoas que non accedan ao curso no prazo indicado serán dadas de baixa nel, sen prexuízo de que poidan ser penalizadas coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

e) Desenvolvemento: o alumnado participante deberá realizar a través da plataforma de formación da Agasp, e de acordo cun calendario de presentación, as actividades incluídas no curso.

f) O/a alumno/a que non realice algunha desas actividades no prazo establecido será sancionado/a coa baixa no curso, sen prexuízo de que poida ser penalizado/a coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de seis (6) meses.

En todas as modalidades o alumnado deberá superar unha proba final.

Sexta. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non se fai responsable dos posibles prexuízos causados aos/ás interesados/as.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o cal é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50 % das prazas convocadas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Sétima. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa maior antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Oitava. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal

1º. De acordo co artigo 155 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas en que as mulleres estean infrarrepresentadas, organizados ou financiados pola Administración xeral ou unha entidade do sector público autonómico de Galicia, reservarase un 50 por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria. As mulleres só accederán a esta quenda reservada unha vez cubertas todas as prazas da quenda non reservada.

2º. Reservarase un corenta por cento das prazas para as persoas con residencia no concello onde se realice o curso.

3º. Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso.

4º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.

5º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.

Cando no proceso de selección non se completen as reservas establecidas nos puntos 1º e 2º, as ditas reservas, de existir suficiente número de solicitantes, completaranse co resto de solicitudes.

Unicamente serán seleccionadas aquelas persoas que non realizasen o curso solicitado nos últimos cinco anos, excepto as persoas que solicitasen o curso Desfibrilación externa semiautomática, que poderán ser seleccionadas aquelas que non realizasen o curso nos últimos dous anos.

6º. No suposto en que, de conformidade coa base décima, haxa dous o máis cursos susceptibles de poder solapar a súa realización, nas ditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidas en ningún outro curso.

Novena. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O alumnado seleccionado será informado da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao do inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante. De non comunicar a renuncia, a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Décima. Coincidencia de datas nos cursos

Estará permitida a realización simultánea de cursos sempre que non coincida a parte presencial destes.

Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria nunha ou en varias sesións presenciais con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

Décimo primeira. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade, ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décimo segunda. Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula, no seu artigo 16, as faltas de asistencia nos cursos:

1. A realización das actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. A súa non realización deberá xustificarse debidamente e penalizarase disciplinariamente en caso contrario.

2. A asistencia á formación presencial, tanto na parte teórica como na parte práctica, é obrigatoria para o alumnado durante toda a carga horaria, polo que non se poderá ausentar se non é por unha causa de forza maior e xustificada documentalmente.

3. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % do curso será declarada/o non apta/o e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

Décimo terceira. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen as partes obrigatorias e a proba final do curso.

Décimo cuarta. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar, sen necesidade de nova publicación, o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as datas e o lugar da súa realización, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Especificamente, poderase suprimir o curso cando o alumnado admitido antes da data do seu inicio non supere o 50 % das prazas convocadas.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar unha resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.