DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 19015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2024/025-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA CAS802 no treito entre os apoios núm. D6 e núm. D17 (Ribadavia).

Situación: lugar de Santa Cristina, concello de Ribadavia.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución na LMT DC CAS802-CAS801, dos apoios existentes números D6, D7, D8, D12 e D13, do tipo HVH, respectivamente, por novos apoios de celosía metálica do tipo C-18/4500, C-14/2000, C-20/2000, C-16/2000 e C-18/2000. Substitución do condutor existente entre os apoios proxectados números D7 e D8 instalando 102 m de novo condutor LA-56.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 31 de xaneiro de 2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación se poderá examinar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 22 de febreiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/025-3.

Situación: lugar de Santa Cristina, concello de Ribadavia.

Denominación: regulamentación LMTA CAS802 no treito entre os apoios número D6 e número D17 (Ribadavia).

Predio número en proxecto: 3; referencia catastral: 32070A042000320000YD.

Lugar: Monte do Val.

Cultivo: matogueira.

Titular: CMVMC San Paio-Santa Cristina.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio número D8.

Predio número en proxecto: 4; referencia catastral: 32070A043002470000YY.

Lugar: Monte do Val.

Cultivo: Matogueira.

Titular: CMVMC San Paio-Santa Cristina.

Afeccións: ocupación de 4 m2 para os apoios números D12 e D13.