DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18827

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO do extracto da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de persoal funcionario da Administración xeral, grupo C, subgrupo C2, subescala auxiliar administrativa, identificado na relación de postos de traballo co número 01.01.00.04, con carácter definitivo a través do procedemento de oposición libre incluída na oferta de emprego público do ano 2021 (expediente 2024/E001/000002).

Mediante o Decreto da Alcaldía nº 11/2024, do 12 de xaneiro de 2024, aprobáronse as bases do proceso selectivo dunha praza de persoal funcionario da Administración xeral, grupo C, subgrupo C2, subescala auxiliar administrativa, identificado na relación de postos de traballo co número 01.01.00.04, con carácter definitivo a través do procedemento de oposición libre incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

No Boletín Oficial da provincia núm. 13, do 17 de xaneiro de 2024, aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo dunha praza de persoal funcionario da Administración xeral, grupo C, subgrupo C2, subescala auxiliar administrativa, identificado na relación de postos de traballo co número 01.01.00.04, con carácter definitivo a través do procedemento de oposición libre incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello no enderezo https://sede.touro.gal

Touro, 24 de xaneiro de 2024

Roberto Castro Rocamonde
Alcalde