DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO do extracto da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de persoal laboral fixo operario de servizos varios, identificado na relación de postos de traballo co número 02.00.00.03, con carácter definitivo a través do procedemento de oposición libre incluída na oferta de emprego público do ano 2023 (expediente 2024/E001/000003).

Mediante o Decreto da Alcaldía nº 14/2024, do 15 de xaneiro de 2024, aprobáronse as bases do proceso selectivo dunha praza de persoal laboral fixo operario de servizos varios, identificado na relación de postos de traballo co número 02.00.00.03, con carácter definitivo a través do procedemento de oposición libre incluída na oferta de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia núm. 17, do 23 de xaneiro de 2024, aparecen integramente publicadas as bases reguladoras para a selección dunha praza de persoal laboral fixo operario/a de servizos varios, identificado na relación de postos de traballo co número 02.00.00.03, a través do procedemento de oposición libre incluída na oferta de emprego público do ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste concello no enderezo https://sede.touro.gal

Touro, 25 de xaneiro de 2024

Roberto Castro Rocamonde
Alcalde