DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do Peprica para a recualificación de zona verde con modificación da ficha número 1-01-01 do catálogo do Peprica, referida ao inmoble sito na rúa Arcebispo Malvar, número 08 (expediente 2022/MODPEPRICA/000001).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 15.2.2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«(...) Primeiro. Prestar aprobación inicial ao proxecto denominado “Modificación puntual do Plan especial de protección, reforma interior e conservación artística do conxunto histórico-artístico de Pontevedra (Peprica) para recualificación de zona verde con modificación da ficha nº 1-01-01 do catálogo”, asinado dixitalmente polo arquitecto José Manuel Abelleira Argibay o 27.11.2023, conformado pola arquitecta municipal da OTAP, e que xustifica a finalidade de reverter o erro na grafía do Peprica e/ou introduce as modificacións subsecuentes ás observacións e suxestións indicadas nos informes sectoriais emitidos durante a tramitación da avaliación ambiental estratéxica, con adaptación documental aos criterios das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

Segundo. Dispoñer o sometemento de todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o resumo executivo, a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra, na sede electrónica do Concello www.sede.pontevedra.gal e nun dos xornais de maior difusión da provincia, con notificación individual aos interesados que figuren no catastro e todo isto para os efectos de que durante tal período poidan formularse as alegacións e suxestións oportunas. O remate do devandito prazo de alegacións computarase desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou notificación individual se fose posterior e a Secretaría da Administración Municipal dilixenciará a documentación exposta (...)».

«(...) Cuarto. Dispoñer a suspensión das licenzas de edificación, parcelamento e/ou demolición no ámbito territorial obxecto da presente modificación e que se concreta no plano do resumo executivo (...), que será obxecto de publicación xunto cos anuncios da aprobación inicial, con referencia ao proxecto de modificación puntual e respecto da nova normativa proposta (...)».

Durante o período de información pública, o texto íntegro da modificación puntual, debidamente dilixenciado, xunto co correspondente expediente administrativo, estarán depositados nos servizos urbanísticos municipais, sitos no primeiro andar da rúa dos Ferreiros, números 28-30, Pontevedra, en horario de oficina, para que poida ser consultado. Poderase solicitar cita previa, mediante chamada ao teléfono 886 40 51 53 ou na sede electrónica do Concello de Pontevedra (sede.pontevedra.gal), para o que deberá de seleccionar a opción Oficina: urbanismo. Trámite: planeamento e xestión urbanística e ordenación do territorio, e sen prexuízo do seu acceso electrónico a través da sede electrónica do Concello.

Asemade, infórmase que nestas datas xa se atopa publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (ligazón exacta a día de hoxe: http://www.pontevedra.gal/areas/urbanismo-eterritorio/planeamento-urbanistico/planeamento-en-tramitacion/) o contido íntegro do documento aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2024

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde

ANEXO

Resumo executivo e ámbito de suspensión de licenzas

missing image file