DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2022/344-1).

Expediente: IN407A 2022/344-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol na LMT MEI703 apoio AHJBG2N0//43-6.

Concello: Carral.

Feitos:

1. O día 24.10.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de mellorar a calidade da subministración dos clientes alimentados pola rede de distribución en media tensión na LMT MEI703 (Carral 3) (expediente 32.504).

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado instalación de telecontrol na LMT MEI703 apoio AHJBG2N0//43-6, asinado o día 30.6.2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica, número de colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo), e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– DOG: 10.5.2023.

– BOP: 21.4.2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 11.5.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 23.6.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Carral e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. No día desta resolución, non constan no expediente respostas ás solicitudes de informe.

5. O día 8.2.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no concello de Carral e as súas características técnicas son as seguintes:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña MEI-703 autorizado no expediente 32.504, de 379,8 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 43-4 (matrícula AHE73VIP) de formigón tipo S-AL-HV-250/12-B1-CSRI e nº 43-7 (matrícula AHMHX97F) de formigón tipo AM-AL-HV-400/14-T1-CAI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15021A026003460000RB, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 43-4, do apoio nº 43-5 (matrícula AHHIT7FO) de formigón tipo HV-250/14-B1-CSRI, polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-1000/16-H35-CA(CS).

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15021A025002630000RI, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 43-7, do apoio nº 43-6 (matrícula AHJBG2N0), de formigón tipo HV-1600/14-CR1-CAI-XS, polo novo apoio metálico tipo celosía AM-C-1000/14-H35-CA(CS), en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Instalación, logo da retirada do condutor LA-56 existente, de novo condutor tipo LA-56 no novo van de 85 metros de lonxitude que se formará entre os novos apoios nº 43-5 e nº 43-6 proxectados.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña MEI-703 de 152,3 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 43-4 existente e o novo apoio nº 43-5 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña MEI-703 de 142,6 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 43-6 proxectado e o apoio nº 43-7 existente.

– As anteriores operacións implicarán a desconexión e desmontaxe dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 43-6 que se vai substituír.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 15 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol na LMT MEI-703-apoio AHJBG2N0//43-6

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Carral

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

Nº do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

1

Concepción Vázquez Ríos

15021A026003460000RB

Polígono 26, parcela 346

Lugar de Mato

Novo apoio nº 43-5

2

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías