En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación LMTA CAS806 no treito entre os apoios núm. D156-14 e núm. D156-16 (Toén).
Situación: lugar de Mugares, concello de Toén.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución do apoio existente núm. D156-15 da LMT CAS806 por un novo apoio de celosía metálica, do tipo C-14/1000. Substitución do condutor existente entre o apoio proxectado núm. D156-15 e o apoio núm. D156-16 por 154 m de novo condutor LA-56.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 26.1.2024.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 16 de febreiro de 2024
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2024/024-3.
Situación: lugar de Mugares, concello de Toén.
Denominación: regulamentación LMTA CAS806 no treito entre os apoios núm. D156-14 e núm. D156-16 (Toén).
Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32082A093003460000LB.
Lugar: Queimadas.
Cultivo: matogueira.
Titular: María Cruz.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D156-15.