DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 28 de febreiro de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Coto Redondo de Roblido, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Roblido, no concello da Rúa.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Coto Redondo de Roblido, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) Roblido, no concello da Rúa, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 28.9.2022 a CMVMC de Roblido presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2382074) de revisión de esbozo do MVMC Coto Redondo de Roblido, no concello da Rúa.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 14.8.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 26 de abril de 2023 en relación coa citada solicitude. Neste indícase que o perímetro obxecto de revisión inclúe as partes do perímetro lindeiras con particulares. Non se modifican os límites con montes veciñais estremeiros.

A superficie do MVMC Coto Redondo de Roblido, unha vez revisado o esbozo, resulta de 1.186,13 ha fronte ás 1.085 ha clasificadas, o que supón un aumento de superficie dun 9 %.

Tendo en conta o anterior, infórmase favorablemente a revisión do esbozo do MVMC Coto Redondo de Roblido.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con esta, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión, axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 26 de abril de 2023, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 20 de febreiro de 2024:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Coto Redondo de Roblido, pertencente á CMVMC de Roblido, no concello da Rúa.

Ourense, 28 de febreiro de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense