DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican varias resolucións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Pereiro-As Oiras (Alfoz, Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que puidese efectuar, ou ao ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 27 de febreiro de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

DNI ou nome

Acto que se notifica

188

33771670B

Resolución

188

42968012X

Resolución

188

76529731Z

Resolución

26

33821393P

Resolución

122

Casiano Casabella Pereira

Resolución

123

María Casabella Pereira

Resolución

124

Remedios Casabella Pereira

Resolución

380

76548299K

Resolución