DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 12 de marzo de 2024 Páx. 18478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente 2023/69/27.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo, para notificarlle o acto administrativo de comunicación dun trámite ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figuran no dito anexo.

O expediente atópase á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto administrativo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terá por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte á notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que considere procedente.

Lugo, 23 de febreiro de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2023/69/27.

Persoa interesada: Ana Aparecida de Melo.

Acto administrativo que se notifica:

– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 1 de febreiro de 2024.