DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18196

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024 pola que se resolve o concurso ordinario de méritos convocado por Resolución do 4 de maio de 2023 para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario, na área de arquivos e bibliotecas, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1.

Elevada pola comisión permanente de valoración de méritos a proposta definitiva de adxudicación de postos, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 26 de abril),

RESOLVE:

1. Adxudicarlle ao persoal funcionario que se relaciona no anexo, os postos de traballo que nel se especifican, con efectos económicos e administrativos do día 1 de abril de 2024.

2. A adxudicación destes postos supón a imposibilidade, para o persoal nomeado, de participar durante dous anos nos concursos ordinarios que se convoquen.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito, mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Código

Denominación e Unidade de adscrición do posto

Quenda

Campus

Persoa proposta

Puntuación total

Observacións

PF000481

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Ciencias da Comunicación

Mañá

Compostela

Babarro Carpente, Rosa María

32,9817

PF000412

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Mañá

Compostela

Barral Montaña, María Carmen

27,9175

PF000410

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Bioloxía

Tarde

Compostela

Blanco Castro, María Soledad

21,7100

PF000396

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Negociados Biblioteca Xeral

Tarde

Compostela

Broz Maneiro, María Carmen

23,2199

PF000454

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Medicina e Odontoloxía/Facultade de Enfermaría

Mañá

Compostela

Delgado Núñez, María Xesús

25,3392

PF001021

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

Mañá

Compostela

Domínguez Román, María Belén

30,2442

PF000201

Axudante de biblioteca. Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

Tarde

Compostela

Durán Espasandín, Lucía

19,6494

PF000425

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Filoloxía

Mañá

Compostela

Frutos Eiranova, María Concepción de

18,3475

PF000518

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

TC

Compostela

González Río, Miguel

28,0817

Sábados, domingos e festivos das 10.00 ás 19.30 horas

PF000434

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Xeografía e Historia/Facultade de Filosofía

Mañá

Compostela

Laya Reboredo, Purificación

28,0633

PF000484

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

Mañá

Lugo

Lojo López, Alba

14,8483

PF000423

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Filoloxía

Mañá

Compostela

López Casal, Fernando José

28,4525

PF000411

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Mañá

Compostela

Novoa Gil, César

29,4158

PF000397

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Negociados Biblioteca Xeral

Mañá

Compostela

Porto Mallo, Esther

25,4929

PF000432

Auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Biblioteca Facultade de Psicoloxía/Facultade de Ciencias da Educación

Mañá

Compostela

Serrano Paz, Marta

28,8933