DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18198

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024 pola que se resolve o concurso específico de méritos convocado pola Resolución do 4 de maio de 2023 para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario, na área de arquivos e bibliotecas, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1.

Elevada pola Comisión de Avaliación a proposta definitiva de adxudicación de postos, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 26 de abril),

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle ao persoal funcionario que se relaciona no anexo os postos de traballo que nel se especifican, con efectos económicos e administrativos do día 1 de abril de 2024.

Segundo. A adxudicación destes postos supón a imposibilidade, para o persoal nomeado, de participar durante seis meses nos concursos que se convoquen.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Código

Denominación e unidade de adscrición
do posto

Quenda

Campus

Persoa proposta

Puntuación total

Observacións

PF000025

Responsable de oficina biblioteca. Oficina de Adquisicións. Biblioteca Intercentros Campus de Lugo

Mañá

Lugo

Amboage García, Inés

60,73

Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000070

Dirección biblioteca centro. Biblioteca da Facultade de Psicoloxía/Facultade de Ciencias da Educación

Mañá

Compostela

Cana Villar, María

69,42

Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000069

Dirección biblioteca centro. Biblioteca da Facultade de Filoloxía

Mañá

Compostela

Díez Jambrina, Flor Pilar

70,35

Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000029

Xefatura de sección de bibliotecas. Sección de Adquisicións. Biblioteca Universitaria

Mañá

Compostela

Fandiño Suárez, María del Carmen

63,31

Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000028

Subdirección técnica. Biblioteca Universitaria

Mañá

Compostela

González da Costa, Ana Carmen

78,20

PF000023

Responsable de oficina biblioteca. Oficina de Xestión da Colección. Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

Mañá

Compostela

Ortega González, Montserrat

65,57

Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000071

Dirección biblioteca centro. Biblioteca Facultade de Física/Facultade de Óptica e Optometría

Mañá

Compostela

Redondo Abal, Francisco Xabier

72.65

Subgrupo C1: licenciatura/grao/diplomatura ou curso selectivo

PF000018

Dirección biblioteca intercentros. Biblioteca Universitaria Concepción Arenal

Mañá

Compostela

Rodríguez Dopazo, José

74,64