DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dunha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión da seguinte formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 16.6.2023.

Código: 44F.

Nome da formación: alciprestes do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias.

Especie: Cupressus macrocarpa, Hartw.

Localidade: Vilaframil.

Concello: Ribadeo.

Provincia: Lugo.

Coordenadas: X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 654843/4822876.

Motivo da catalogación: idade e significación histórica e cultural.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural