DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a explotación avícola de recría de poñedoras situada en Soutopenedo, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) (expediente 2023-IPPC-I-103).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia quedará exposta a documentación titulada:

«Ampliación de explotación avícola de recría de poñedoras para 132.000 aves».

Para que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue oportunas.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, poñendo o código de expediente 2023-IPPC-I-103 (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Categoría principal da actividade: 9.3.a (Instalacións gandeiras adicadas á cría e engorda, en explotacións intensivas, de todo tipo de aves, tanto para a produción de carne como para a produción de ovos ou para reprodución).

Titular: Rosales Grupo Avícola, S.L.

NIF: B94147824.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 37, concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Enderezo da instalación: lugar de Penedo, parroquia Soutopenedo, concello de San Cibrao da Viñas (Ourense).

Actividade principal: explotación avícola de recría de poñedoras.

Descrición da modificación: incremento da capacidade da explotación pasando de 89.500 prazas de recría de poñedoras a un total de 132.000 aves, mediante a instalación de aviarios na nave 3. Tamén se proxecta a ampliación da esterqueira existente e a construción dunha nova esterqueira.

Verteduras: as augas residuais procedentes da limpeza das naves e os lixiviados das esterqueiras son levados a depósitos estancos antes de ser recollidos por xestor autorizado. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

Control esterco: o esterco xerado será recollido por un xestor autorizado.