DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente 2022/57 ATE).

Mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, outorgouse autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica denominada enlace LAT 20 kV Meira_2 con LAT 20 kV Fonsagrada, no concello da Fonsagrada.

O 11 de abril de 2023 tivo entrada nesta xefatura territorial a solicitude presentada por Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (Begasa), relativa á declaración de utilidade pública para a instalación eléctrica denominada enlace LAT 20 kV Meira_2 con LAT 20 kV Fonsagrada, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados (en diante, RBDA), de acordo co previsto no artigo 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrico.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Denominación: enlace LAT 20 kV Meira_2 con LAT 20 kV Fonsagrada.

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Ramón María Aller Ulloa, núm. 9, 27003 Lugo.

Características técnicas principais:

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio existente 14308 da LAT Meira_2 e final no CT prefabricado Brañas proxectado, cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe no CT prefabricado Brañas proxectado e final no CT prefabricado Monte Hospital proxectado, cunha lonxitude de 2.625 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe no CT prefabricado Monte Hospital proxectado e final nun paso aéreo a soterrado situado no apoio existente 6117 da LAT Fonsagrada, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• CT prefabricado Brañas, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia por instalar de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• CT prefabricado Monte Hospital, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia por instalar de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe do CTI Brañas (14308) e do CTI Monte Hospital (6117).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta xefatura territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello da Fonsagrada. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do seguinte enderezo:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/afonsagrada

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 12 de febreiro de 2024

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Predio

Pol.

Parc.

Lugar

Concello

Titular

Cultivo

Superficie ocupación permanente m²

Superficie ocupación temporal m²

Superficie ocupación permanente m² (CT)

1

163

81

Monte Muradal

A Fonsagrada

Luz Fernández Álvarez (16,66 % de usufruto)

Sara Pérez Díaz (3,34 % de propiedade)

José Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade)

Hros. de Ovidio García Fernández (20,00 % de propiedade)

Raquel Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade)

Vidalina Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade)

María Dolores Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade)

Herminia Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade)

María Pilar Rodríguez Fernández (2,85 % de propiedade)

Miguel Vázquez Rodríguez (2,85 % de propiedade)

Hros. de José Antonio Fernández Fernández (20,00 % de propiedade)

Hros. de José Antonio Fernández García (20,00 % de propiedade)

Visitación Pérez Fernández (8,33 % de núa propiedade)

María Isabel Pérez Fernández (8,33 % de núa propiedade)

Monte baixo

3

9

20

Improdutivo

26

100

 

2

222

50

Nourias

A Fonsagrada

Descoñecido (9,09 % de propiedade)

María Josefa García Rodríguez (9,09 % de propiedade)

Hros de José Magide Bolaño (9,09 % de propiedade)

Pedro Álvarez Fernández (9,09 % de propiedade)

Hros. de Adolfo Álvarez Álvarez (9,09 % de propiedade)

Manuel Pérez Pérez (9,09 % de propiedade)

Hros. de Julio Gómez Fernández (9,09 % de propiedade)

José María Fernández Álvarez (9,09 % de propiedade)

María Josefa Álvarez Rodríguez (9,09 % de propiedade)

Gustavo Álvarez Monteseirín (9,09 % de propiedade)

Julio César López Rancaño (9,09 % de propiedade)

Monte baixo

83

363

 

Improdutivo

11

27

20