DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2022/363-1).

Expediente: IN407A 2022/363-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: modificado LMT, CT e RBT Axán-Moscoso-Ardemil.

Concello: Ordes.

Feitos:

1. O día 7.11.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade de subministración de enerxía eléctrica aos clientes dos lugares de Axán, Moscoso e Os Carrucheiros, parroquia de San Pedro de Ardemil, concello de Ordes, proxéctase a instalación dun centro de transformación de interior en envolvente prefabricada de 100 kVA de potencia, unha liña de media tensión, cun tramo aéreo e outro soterrado, que o enlazará coa liña de distribución de media tensión LMT MEI809 (Ordes 9), procedente da subestación Meirama, dúas saídas en baixa tensión desde o centro de transformación proxectado e a reordenación da rede de baixa tensión da zona.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado modificado LMT, CT e RBT Axán-Moscoso-Ardemil, asinado o día 31.1.2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 28.12.2022.

• BOP: 12.12.2022.

• Xornal La Voz de Galicia: 16.12.2022.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 13.12.2022.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo a las distintas entidades afectadas: concello de Ordes, Augas de Galicia, Servizo de Montes, Patrimonio Cultural e Demarcación de Estradas do Estado.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos no prazo outorgado para ese efecto (Servizo de Montes e Patrimonio Cultural).

5. O día 19.1.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas nos lugares de Axán, Moscoso e Os Carrucheiros, parroquia de San Pedro de Ardemil, no concello de Ordes, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTA a 20 kV, de 206 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 1 proxectado tipo C-3000/18 con ITC, intercalado entre os apoios existentes nº AG5GLHXR//39 e AG45OWOG//40 da LMT MEI809 (Ordes 9), procedente da subestación Meirama, e remate no apoio nº 3 proxectado tipo C-2000/14. Instalación do apoio 2 proxectado intercalado tipo C-1000/16.

– LMTS a 20 kV, de 376 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº 3 proxectado e remate no CTC proxectado. A nova LMTS irá canalizada baixo tubo en gabias de 0,4 metros de largo e profundidade entre 1 e 1,2 metros. Os tubos serán de polietileno de alta densidade, de 16 cm de diámetro.

– CT Moscoso de Arriba compacto prefabricado fin de liña tipo rural telecontrolado e telexestionado con manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2022/363-1.

Denominación: modificado LMT, CT e RBT Axán-Moscoso-Ardemil (Ordes).

parcela

Lugar

Datos

catastrais

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Cobas

Políg. 511

Parc. 1648

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío secaño.

Andrés Pazos Calvo

2

2,0

89

1.191

2

Cobas

Políg. 511

Parc. 1647

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío secaño.

Andrés Pazos Calvo

3

2,0

102

2,0

792

2,0

3

Codeseira

Políg. 511

Parc. 1563

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío secaño.

José Luis Fariña

Centro de transformación e beirarrúa perimetral.

19,90

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.