DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18195

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Botánica.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade, mediante a Resolución do 17 de novembro de 2024 (BOE do 28 de novembro), para a provisión da praza número 23/033 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Botánica, departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de Manuel Pimentel Pereira, con DNI ***2089**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatória,

Esta reitoría, en uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Pimentel Pereira profesor titular de universidade da área de coñecemento de Botánica, departamento de Bioloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de febreiro de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 16.1.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado