DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2024 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa da batea Granja XXIX.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 28 de novembro de 2023, Ramón Martínez Loureiro (***8251**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa da batea Granja XXIX.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura, sobre a tramitación do expediente, é favorable.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Granja XXIX.

Situación:

Cuadrícula número: 99.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 12.3.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Ramón Martínez Loureiro (***8251**).

Novo titular: Rubén Ramón Martínez Rodríguez (***0272**).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, especialmente, queda subrogado en todas as obrigas contraídas polo transmitente en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205J 2021/088-5 en concepto de axuda compensatoria no ámbito da acuicultura por importe de 3.112,14 €. Así mesmo, o novo titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) número 1303/2013, do 17 de decembro (DOUEL número 347, do 20 de decembro).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 15 de febreiro de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo