DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Meaño (expediente DH.A36.67711).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Regantes da Furna.

Expediente: DH.A36.67711.

Volume total anual: 4.240,60 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,32 l/s.

Destino: rega.

Orixe: dous mananciais:

– M1 na parcela 980 do polígono 66 do Catastro de Meaño.

– M2 na parcela 1.026 do polígono 66 do Catastro de Meaño.

Lugar: Vilariño.

Parroquia: Simes.

Concello: Meaño.

Descrición do aproveitamento:

A auga de M1 cáptase mediante arqueta aros formigón duns 2,0 m profundidade e condúcese a arqueta de reunión á que chega tamén a de M2, captada en mina-galería. Da arqueta lévase a caseta de depósitos na parcela 1163 do polígono 66, que contén 22 depósitos individuais desde os cales se distribúe ás parcelas de rega.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa ao enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 5 de febreiro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur