DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto reforma ATI727 entre os apoios A1M5RUP8-TI16-26 e A1DP7BN9-TI16-33.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma ATI727 entre os apoios A1M5RUP8-TI16-26 e A1DP7BN9-TI16-33, no concello do Porriño, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titular da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 27 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/103-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma ATI727 entre os apoios A1M5RUP8-TI16-26 e A1DP7BN9-TI16-33.

Concello: O Porriño.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data da ocupación

Depósito previo

1

36039A037007170000DX

Emilio Fernández Lodeiro

Nieves Iglesias Parada

20 de marzo de 2024

2024/54/81