DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/064-4).

A instalación denominada LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 13 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. ten a condición de beneficiaria.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 28 de xuño de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 27 de febreiro de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas.

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml aérea

m2 aérea

ml sub.

m2 subsolo

1

8214711NG1781S0001FS

Coruxo

Descoñecido

CS

13,78

4,69

19,1

2

54057A126002600000BL

Hermida

Descoñecido

1

0,48

3,07

3,98

3

54057A126002710000BX

Hermida

Descoñecido

1

2,76

3,26

5,38

4

54057A126002770000BU

Hermida

Descoñecido

2

1,44

6,99

6,63

3,22

10,14

5

54057A126002920000BL

Hermida

Descoñecido

26,86

14,15