Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución desta xefatura territorial, con data do 23 de xaneiro de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado LMT, CT e RBT lugar Cañás, no concello de Carral (expediente IN407A 2022/318-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial, da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 27 de febreiro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
LMT, CT e RBT Cañás
Relación de bens e dereitos afectados, concello de Carral
Parcela proxecto |
Persoas propietarias/titulares |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT e CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
CT/Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Herdeiros de Lourdes López Seoane |
Polígono 501, parcela 2001 |
Viña Grande |
Novo apoio metálico proxectado |
2 |
1,5 |
4,5 |
Rústico agrario |
2 |
Encarna Caramelo Bello |
Polígono 501, parcela 121 |
Viña Grande |
CT e acceso |
39.18 |
Rústico agrario |
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.