DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17231

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 29 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D).

BDNS (Identif.): 740609.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do importe

Un. Modifícase o número 1.a) do artigo 25, que queda redactado como segue:

«1. As accións previstas na liña I desta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0 2022 00221, excepto para entidades locais, por un importe de 1.487.642,08 euros, distribuídos do seguinte xeito:

– 148.764,21 euros para o ano 2024.

– 1.338.877,87 euros para o ano 2025».

Segundo. Modificación das actuacións obxecto de axuda

Un. Modifícase o número 1-1.1. 1º do artigo 4, que queda redactado como segue:

«1º. A roza, a formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo, a selección de abrochos, as desmestas e a eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento».

Dous. Modifícase o número 1-1.2 do artigo 4 da referida orde, que queda redactado como segue:

«2.2. A densidade final mínima despois do tratamento será de 500 pés/ha e a máxima de 1.200 pés/ha».

Tres. Modifícase o número 1-1.3 do artigo 4, que queda redactado como segue:

«1.3. Poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións dos puntos 1º e 2º sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 3.340 €, sen incluír os custos de redacción de proxecto e o panel informativo».

Catro. Modifícase o número 2-2.1 1º do artigo 4, que queda redactado como segue:

«1º. A roza, a formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo, a selección de abrochos, as desmestas e a eliminación, extracción ou triturado dos restos que se obteñen como consecuencia do tratamento».

Cinco. Modifícase o número 2-2.2 do artigo 4, que queda redactado como segue:

«2.2. A densidade final mínima despois do tratamento será de 333 pés/ha e a máxima de 500 pés/ha».

Seis. Modifícase o número 2-2.3 do artigo 4, que queda redactado como segue:

«1.3. Poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións dos puntos 1º e 2º sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 3.340 €, sen incluír os custos de redacción de proxecto e o panel informativo.»

Terceiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes

Un. Modifícase o punto 1 do artigo 11, que queda redactado como segue:

«Modifícase o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 11.1 da Orde do 26 de decembro de 2023 nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Esta ampliación permite que as persoas que xa formularon solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan manter ou modificar a solicitude, ou que aquelas persoas que non formulasen solicitude con anterioridade poidan formulala tendo en conta as novas condicións».

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural