DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 16947

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024 de cesamento dun membro do Comité de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia (CEIM-G).

A presidenta do Comité de Ética da Investigación con Medicamentos de Galicia (CEIM-G) comunicou o día 24.1.2024 a proposta de cesamento dun membro do referido comité.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 17 de decembro de 2021, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 31 de decembro (vid. corrección de erros DOG do 19 de xaneiro de 2022), concedeuse a renovación da acreditación do CEIM-G e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no anexo, entre as cales figuraba Irene Zarra Ferro, farmacéutica especialista en farmacia hospitalaria, quen renuncia agora por motivos persoais á súa condición de membro do comité.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Decreto 63/2013, do 11 de abril, regula os comités de ética de investigación clínica de Galicia. No relativo á súa composición, o artigo 5.4 sinala que as persoas membros deste comité serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada entre homes e mulleres.

2. O punto 7 do artigo 5 dispón que o nomeamento se efectuará por un período coincidente co de vixencia da acreditación do comité, aínda que poderá ser revogado ben por solicitude de baixa da persoa interesada, ben por se teren modificado as circunstancias que motivaron a súa designación de modo que supoña a perda dos requisitos para integrar o comité, ou ben por incumprimento notorio das súas funcións, ao criterio do comité, e logo de audiencia do/da interesado/a.

Sobre a composición numérica, en concreto, o punto 1 do mesmo artigo sinala que estará formado por un mínimo de nove e un máximo de vinte e cinco membros, de maneira que se asegure a independencia, competencia e experiencia na toma de decisións e no cumprimento das súas funcións.

Na actualidade, o comité axústase na súa composición aos citados topes numéricos.

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta do 13.2.2024 que efectuou a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade,

RESOLVO:

O cesamento de Irene Zarra Ferro como membro do CEIM-G.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade