DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16774

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024 pola que se convocan dous cursos de formación en prevención de riscos laborais para o persoal do Complexo Residencial de Atención de Persoas Dependentes de Vigo (CRAPD de Vigo).

De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Cualtis, S.L.U. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal de atención directa do CRAPD de Vigo.

Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Acceso ás actividades formativas

O acceso será a través da páxina web da EGAP: (EGAP) <https://egap.xunta.gal> e, unha vez dentro, haberá que seguir as seguintes instrucións:

1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estivese rexistrado/a este paso non será necesario).

2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a, poderá acceder ao curso o día do seu comezo.

4. Antes de que comece o curso, o/a titor/a enviaralle un correo electrónico ao alumnado coa guía do curso, que conterá a data de comezo, as instrucións, os obxectivos, o cronograma e o método de avaliación do curso.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao publico (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.

Quinta. Criterios de selección

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Sétima. A asistencia

A asistencia:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final dela.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP e Cualtis, S.L.U.

1. A EGAP e Cualtis, S.L.U. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lle corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Cualtis, S.L.U. resérvanse o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e Cualtis, S.L.U. garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade

Edición

Data, horario e lugar de realización

Área de formación: Consellería de Política Social e Xuventude

CV24014

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo: persoal coidador, enfermaría, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Vigo1

13 de marzo de 2024

Horario: 15.30 a 21.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 1

CV24014

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo: persoal coidador, enfermaría, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Vigo2

13 de marzo de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 2

CV24014

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo: persoal coidador, enfermaría, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Vigo3

14 de marzo de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 1

CV24014

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo: persoal coidador, enfermaría, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Vigo4

14 de marzo de 2024

Horario: 15.30 a 21.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 2

CV24014

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Mobilización de residentes

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo: persoal coidador, enfermaría, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional

3

18

Presencial

Vigo5

25 de marzo de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 1

Área de formación: Coñecementos Transversais

CV24015

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo

8

25

Presencial

Vigo1

20 de marzo de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 1

CV24015

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo

8

25

Presencial

Vigo2

27 de marzo de 2024

Horario: 15.30 a 21.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 1

CV24015

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo

8

25

Presencial

Vigo3

27 de marzo de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 2

CV24015

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo

8

25

Presencial

Vigo4

29 de marzo de 2024

Horario: 8.30 a 14.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 1

CV24015

Formación en Prevención de Riscos Laborais: Xestión de Agresión

Persoal de atención directa do CRAPD de Vigo

8

25

Presencial

Vigo5

27 de marzo de 2024

Horario: 15.30 a 21.30

Lugar de realización: CRAPD de Vigo 2