DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16779

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre clasificación do posto de traballo de tesoureiro/a do Concello de Mazaricos como posto reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Á vista da solicitude formulada polo Concello de Mazaricos, relativa á clasificación do posto de traballo de tesoureiro/a como reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (en diante, PFHN), emítese resolución con base nos seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro e único. O Concello de Mazaricos achegou a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia (núm. 2024/114767, núm. 2024/412566 e núm. 2024/515898) a solicitude relativa á creación e clasificación do posto de traballo de tesoureiro/a reservado a PFHN, e con esta petición xuntou a seguinte documentación:

1. Memoria económica e xurídica xustificativa para a creación e clasificación do posto de tesoureiro/a do Concello de Mazaricos como reservado a PFHN.

2. Certificado da secretaria municipal relativo aos recursos do orzamento do Concello de Mazaricos para o exercicio económico 2024 polo importe de 4.500.000,00 €.

3. Certificado da secretaria municipal relativo ao Acordo plenario do 20 de abril de 2022 polo que se aproba inicialmente a relación de postos de traballo do Concello, en que se acredita que, logo de realizar a publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 76, do 22 de abril, non se achegaron alegacións, polo que se aproba definitivamente e se publica no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 100, do 27 de maio, con corrección de erros publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 34, do 16 de febreiro de 2024.

4. Certificado da secretaria municipal relativo á cifra do último padrón municipal referida a 1.1.2023 comunicada polo Instituto Nacional de Estatística, que ascende a un total de 3.737 habitantes.

Coa citada documentación pode considerarse completado o expediente para os efectos de continuar coa súa tramitación.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A creación e clasificación do posto de tesoureiro/a no Concello de Mazaricos como reservado a PFHN veñen impostas polo preceptuado no artigo 14 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (en diante, Real decreto 128/2018), ao sinalar que nas corporacións locais cuxa Secretaría estea clasificada en clase primeira ou segunda existirá un posto de tesoureiro/a reservado a PFHN da subescala de Intervención-Tesouraría. A Secretaría do Concello de Mazaricos está clasificada como de clase segunda, polo que resulta imperativa a creación e clasificación do dito posto de traballo reservado, ao cal lle corresponde a responsabilidade administrativa das funcións de tesouraría e recadación numeradas no artigo 5 do Real decreto 128/2018, e ten que ser desempeñado por persoal da subescala de Intervención-Tesouraría, calquera que sexa a súa categoría.

Segundo. O Real decreto 128/2018 atribúe ás comunidades autónomas, no seu respectivo ámbito territorial, a competencia para clasificar os postos reservados aos FHCN, e o artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, regula as normas xerais para clasificación de postos de traballo reservados a PFHN.

A Dirección Xeral de Administración Local é competente para a adopción do presente acordo, segundo o establecido no artigo 29.3.g) do Decreto 117/2022, do 23 de xuño (modificado polo Decreto 144/2023, do 9 de novembro), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e no artigo 1.6 da Orde do 14 de xullo de 2022 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

En virtude do anteriormente exposto, e tendo en conta o informe emitido pola subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local,

RESOLVO:

Primeiro. Clasificar o seguinte posto de traballo como reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional no Concello de Mazaricos, coas seguintes características:

Entidade local: Concello de Mazaricos.

Posto: tesoureiro/a.

Subescala: Intervención-Tesourería.

Categoría: sen distinción de categoría.

Forma de provisión: concurso de méritos.

Nivel de complemento de destino: 28.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e remitir a publicación á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto no artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local