DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024 polo que se notifica a resolución de apercibimento previo á execución forzosa do expediente IU1/3/2017 e outro.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 18 de decembro de 2023, ditou resolución de apercibimento previo á execución forzosa nos expedientes sancionadores e de reposición da legalidade IU1/3/2017 e COL/4/2015-RP1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal das resolucións ao interesado con documento nacional de identidade 79329195X, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado as devanditas resolucións por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro das resolucións que se notifican encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar esta notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística