DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0788/2023-COP e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente
PSC-PO-0788/2023-COP e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 20 de febreiro de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0788/2023-COP

14406574

Inicio

Doutor Bernardino Machado, 3, 2º D, Idanha-Sintra (Portugal)

PSC-PO-0885/2023-PPM

76990432W

Inicio

Rúa A Igrexa, 3, 1º, Baiona

PSC-PO-0904/2023-PPM

Y3869497Z

Inicio

Vía Giulio Bertoni, 31, Roma (Italia)

PSC-PO-0931/2023-PPM

36454717Q

Inicio

Morade, 19, Sabarís, Baiona

PSC-PO-0932/2023-PPM

15490421J

Inicio

Outeiro, 24, Ramallosa, Baiona

PSC-PO-0958/2023-PPM

36060272K

Inicio

Nespereira, 2, Chapela, Redondela

PSC-PO-0058/2024-PRE

53817900Q

Inicio

Avenida Val Miñor, 15, Vilameán, Nigrán