DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16762

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate (4ª edición) (código de procedemento TR320B).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 210, do luns 6 de novembro de 2023, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 60920, onde di: «1. Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia e que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións», debe dicir: «1. Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social e que conten con algún centro de traballo en Galicia e que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións».