DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16760

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Orde do 21 de febreiro de 2024 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2024 (código de procedemento ED507A).

BDNS (Identif.): 745879.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como dos derivados da xestión administrativa, da adquisición de material non inventariable e do mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2024.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 21 de febreiro de 2024 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2024 (código de procedemento ED507A).

Cuarto. Importe

Axudas cunha dotación total de 66.298,00 euros, cantidade que procede de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades