DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de febreiro de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Uxía depositada na explanada do porto de Cariño (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Juan Carlos Fontela Montero mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 6 de outubro de 2022 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que declara en situación de abandono a embarcación Uxía con folio 7ª-GI-4-204-91, depositada na explanada do porto de Cariño, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación depositada na explanada do porto de Cariño sen actividade nin ningún mantemento e sen aboar as taxas pendentes desde fai máis dun ano, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque, e de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación, serán por conta do propietario e do arrendatario.

A presente resolución emítese polo presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia