DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 15 de febreiro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao su nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros do Hospital Público da Mariña, ou que se alegaron distintas causas para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Ley xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que teñen que achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 982 58 99 97.

Para que conste, lle sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, firmo e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Burela, 15 de febreiro de 2024

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Tavares Varela, Jakson

Pérez Paleo, Javier

Montoya Quintero, Yerlyn Stefany

Colombo Derossi, Luis Aldano

Laza Alin Marin

Tallón Penabad, José

Franco Taborda, Viviana Esther

Rodríguez Camacho, Edwing

O’Brien Chirstopher Patrick