DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16728

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Palláns do ámbito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu. PEONR.

O Pleno da Corporación municipal, na súa sesión ordinaria realizada o 30 de novembro de 2023 no referente a asuntos tratados FOD: «expediente 474/2023. Aprobación inicial-Plan especial de ordenación do núcleo rural de Palláns do ámbito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu. PEONR», adoptou o acordo que na súa parte dispositiva se transcribe literalmente:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de ordenación do núcleo rural de Palláns do ámbito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Tui para a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu, que incorpora as previsións recollidas no informe ambiental estratéxico emitido polo órgano ambiental, nos termos que constan no expediente.

O detalle de documentos que se aproban inicialmente é o seguinte:

– Documentación co número de rexistro de entrada no Concello de Tui 2023-E-RE-357, do 3.2.2023.

Segundo. Someter os ditos documentos a información pública por período de dous (2) meses, con publicación de acordo no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, estando a disposición dos interesados no Portal de transparencia da sede electrónica deste concello [https://concellotui.sedelectronica.gal/transparency].

Terceiro. Suspender o outorgamento de licenzas de obras e actividade e de parcelación no ámbito da zona de San Bartolomeu, ordenada a medio do actual PENR durante o prazo de dous (2) anos, desde a adopción do acordo de aprobación inicial (para o suposto de que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente); en todo caso, esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual en proxecto.

Cuarto. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Quinto. Solicitar ás administracións afectadas pola súa competencia especial co fin de que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial. Os informes sectoriais autonómicos deberán ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable».

O expediente pódese consultar no Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), ou ben no Portal de transparencia do Concello de Tui, no enderezo:

https://concellotui.sedelectronica.gal/transparency/7d2503d4-5ab4-4fd3-91d3-8460ae5c60b5/

Tui, 7 de febreiro de 2024

Enrique Cabaleiro González
Alcalde