DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16726

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior AR3 do ámbito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu.

O Pleno da Corporación municipal, na súa sesión ordinaria realizada o 30 de novembro de 2023 e no punto 5º da orde do día relativo ao expediente 471/2023. Aprobación de Plan de desenvolvemento. Aprobación inicial-Plan especial de reforma interior AR3 do ámbito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu, adoptou o acordo que na súa parte dispositiva se transcribe literalmente:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior AR3 do ámbito da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a reforma urbanística da zona de San Bartolomeu. Para tales efectos, sinalar que os documentos sometidos a aprobación inicial abarcarán todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluídos un resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico (artigo 60.6 da LSG). O detalle de documentos que se aproban inicialmente é o seguinte:

– Documentación co número de rexistro de entrada no Concello de Tui 2023-E-RE-356, do 3.2.2023.

Segundo. Someter os ditos documentos a información pública por período de dous (2) meses, con publicación de acordo no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Terceiro. Suspender o outorgamento de licenzas de obras e actividade e de parcelación no ámbito da zona de San Bartolomeu durante o prazo de dous (2) anos, desde a adopción do acordo de aprobación inicial (para o suposto de que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente); en todo caso, esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual en proxecto.

Cuarto. Elevar esta documentación ao órgano competente en materia de urbanismo, o cal realizará as consultas previstas no documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, dará audiencia aos municipios limítrofes e solicitará os informes sectoriais autonómicos preceptivos, que deberán ser emitidos no prazo de tres meses; transcorrido este, entenderanse emitidos con carácter favorable (artigo 60.7 da LSG)».

O expediente pódese consultar no Departamento de Urbanismo do Concello de Tui, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), ou ben no Portal de transparencia do Concello de Tui, no enderezo:

https://concellotui.sedelectronica.gal/transparency/7d2503d4-5ab4-4fd3-91d3-8460ae5c60b5/

Tui, 7 de febreiro de 2024

Enrique Cabaleiro González
Alcalde