DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental das instalacións da repotenciación parcial do parque eólico Sotavento, sito nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo) e promovido por Sotavento Galicia, S.A. (expediente IN408A 2023/015).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, pola Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública, durante un prazo de 30 días, a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Sotavento Galicia, S.A.

Domicilio social: r/ Varsovia, bloque 4C, 2ª A, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: repotenciación parcial do parque eólico Sotavento.

Concellos afectados: Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo).

Núm. de aeroxeradores que se proxecta desmantelar: 6.

Potencia instalada que se proxecta desmantelar: 3,44 MW.

Núm. de aeroxeradores que se proxecta instalar: 2.

Potencia instalada correspondente á repotenciación: 8,4 MW.

Potencia instalada total: 22,620 MW.

Potencia máxima evacuable: 17,66 MW.

Orzamento de execución material total (sen IVE): 7.543.338,54 €.

Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice

ETRS89 Fuso 29

X UTM

Y UTM

1

589.875

4.802.786

2

591.375

4.802.786

3

591.375

4.798.786

4

589.875

4.798.786

Coordenadas de localización dos aeroxeradores que se proxecta desmantelar:

Aeroxerador

ETRS89 Fuso 29

X UTM

Y UTM

15

590.476

4.801.126

16

590.453

4.801.257

19

590.394

4.801.662

21

590.444

4.801.923

22

590.497

4.802.047

AG25

590.720

4.800.437

Coordenadas de localización dos novos aeroxeradores proxectados:

Aeroxerador

(proxecto)

ETRS89 Fuso 29

X UTM

Y UTM

AE01

591.174

4.802.017

AE04

590.652

4.801.767

As principais actuacións e instalacións proxectadas son as seguintes:

– Desmantelamento de 6 aeroxeradores existentes.

– 2 novos aeroxeradores de ata 4.200 kW, de ata 131,4 m de altura de buxa, ata 137 m de diámetro de rotor e ata 199,9 m de punta de pa.

– 2 centros de transformación instalados unitariamente en interior da góndola, e os correspondentes elementos de seccionamento, manobra e protección.

– Liña de media tensión subterránea para a evacuación da enerxía xerada polos dous novos aeroxeradores, entre os centros de transformación e a subestación existente.

– Obra civil consistente nun novo camiño de acceso aos dous novos aeroxeradores, cimentacións, plataformas e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

– Proxecto de execución de repotenciación parcial do parque eólico Sotavento. Xuño 2023, asinado o 27.6.2023 polo enxeñeiro industrial Pablo María Fernández Castro, colexiado núm. 985/201 do Colexio de Enxeñeiros del ICAI.

– Estudio de impacto ambiental da repotenciación parcial do parque eólico Sotavento. Xuño 2023, asinado o 26.6.2023.

Esta documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) e da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, no correo electrónico xt.ceei.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 90 87, e nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 82, así como nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4º andar, 15781 Santiago de Compostela) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 54 62/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais