DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico A Ruña II, sito nos concellos de Mazaricos e Dumbría (A Coruña), promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L. (expediente IN661A 2010/010-1).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico A Ruña II, sito nos concellos de Mazaricos e Dumbría (A Coruña), promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L. (IN661A 2010/010-1).

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico A Ruña II, sito nos concellos de Mazaricos e Dumbría (A Coruña), promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L. (IN661A 2010/010-1).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Eurovento, S.L.U. e promovido actualmente por Eurus Desarrollos Renovables, S.L., en relación coa declaración de utilidade pública e a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais do parque eólico A Ruña II, constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2010, pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais, ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2010 pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro), admitiuse a trámite o parque eólico cunha potencia de 21 MW.

Segundo. O 11.11.2010, Eurovento, S.L.U. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a inclusión no réxime especial, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. O 20.12.2013, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (actual Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) tomou razón da subrogación de Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. na posición de Eurovento, S.L.U. no expediente relativo ao parque eólico.

Cuarto. Mediante a Resolución do 22 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental, referidos ao proxecto do parque eólico A Ruña II.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 29.7.2015, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 6.7.2015 e no xornal La Voz de Galicia do 13.7.2015. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello de Mazaricos e do Concello de Dumbría, e no da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Quinto. O 15.11.2016, a Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural emitiu informe en relación cos montes veciñais en man común afectados polo parque eólico.

O 9.1.2018, a Consellería do Medio Rural emitiu informe sobre o expediente de concorrencia de declaracións demaniais do proxecto do parque eólico Ruña II e a utilidade pública que afecta o monte Ruña 103-k, pertencente ao Catálogo de montes de utilidade pública.

O 6.5.2019, o Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería do Medio Rural, emitiu informe sectorial en relación coas afeccións do parque eólico aos aproveitamentos forestais existentes no seu ámbito de implantación, no cal se recolle a existencia dos seguintes montes: montes Ruña e monte Pedregal e Ruña, pertencentes ao Catálogo de montes de utilidade pública, e catro montes veciñais en man común: (1) Colúns; (2) Xián, Furiño, Gándara e A Ribeiratorta; (3) Seixo e Fial de Lamas, e (4) A Porreira e Couto.

Sexto. Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actual Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais), fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de decembro de 2019, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico A Ruña II, e se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico A Ruña II como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, para unha potencia de 21 MW.

Sétimo. Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, recoñeceuse como non substancial unha modificación do parque eólico, solicitada pola promotora o 20.10.2021, consistente con carácter xeral no cambio de modelo de aeroxerador por unha máquina de igual potencia, pero mantendo as mesmas posicións autorizadas.

Oitavo. O 9.6.2023, a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada para os efectos de continuar coa tramitación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico.

O 24.7.2023 e o 22.8.2023, en resposta ao requirimento desta dirección xeral do 10.7.2023, a promotora achegou documentación complementaria, entre ela, a declaración responsable dos acordos acadados.

Noveno. Mediante oficios do 23.8.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou notificacións para pór en coñecemento das persoas interesadas a relación de bens e dereitos afectados actualizada.

Para aquelas notificacións que non se puideron efectuar (notificacións devoltas, titularidade ou enderezo descoñecidos...) publicouse no Diario Oficial de Galicia, o 2.11.2023, e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o 6.11.2023, o correspondente anuncio para que as persoas interesadas puidesen comparecer no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da última destas publicacións. No dito prazo non compareceu ningunha das persoas interesadas incluídas nas ditas publicacións.

En resposta a estas notificacións recibíronse dúas alegacións, que foron contestadas pola promotora.

Décimo. O 19.9.2023, a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu informe para os efectos do artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, no cal se recolle o seguinte:

«(...) De acordo cos datos que constan no día de hoxe no mapa do Rexistro Mineiro de Galicia e no Catastro Mineiro de Galicia, resulta que no ámbito da poligonal do parque eólico A Ruña II non consta dereito mineiro vixente. (...)».

Décimo primeiro. O 20.9.2023, o Servizo de Propiedade Forestal da Consellería do Medio Rural remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o informe do Servizo de Montes da Coruña da Consellería do Medio Rural, do 18.9.2023, en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico.

Décimo segundo. O 29.11.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 cos titulares dos montes pertencentes ao Catálogo de montes de utilidade pública, monte Ruña e monte Pedregal e Ruña, e dos seguintes montes veciñais en man común (MVMC): Colúns; Xián, Furiño, Gándara e A Ribeiratorta; Seixo e Fial de Lamas, e A Porreira e Couto, de acordo cos informes do Servizo de Montes da Coruña recollidos nos antecedentes de feito quinto e décimo primeiro, e concedeulles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas.

En relación co dito trámite de audiencia presentáronse, nas datas que se indican, as seguintes alegacións.

– O 20.12.2023, a comunidade titular do MVMC de Seixo e Fial de Lamas achegou escrito co cal xunta documentación relativa ao acordo asinado con Eurus Desarrollos Renovables, S.L.

– O 12.12.2023, a comunidade titular do MVMC de Colúns achegou un escrito en que manifesta que asinou un acordo con Eurus Desarrollos Renovables, S.L. e está de acordo coa instalación do parque eólico.

– O 26.12.2023, a comunidade titular do MVMC Xián, Furiño, Gándara e A Ribeiratorta achegou un escrito en que manifesta que acadou un acordo con Eurus Desarrollos Renovables, mediante escritura de cesión de dereito de superficie para o parque eólico A Ruña II, e que está de acordo coa instalación do dito parque eólico.

– O 22.12.2023, a comunidade titular do MVMC de Porreira e Couto achegou un escrito en que manifesta que non está de acordo coa instalación do parque eólico.

O 27.12.2023 e o 28.12.2023, de acordo co establecido no artigo 45.3, déuselle traslado destas alegacións ao promotor do parque eólico, o cal achegou as súas respostas o 27.12.2023 e o 28.12.2023.

Décimo terceiro. O 14.12.2023, Eurus Desarrollos Renovables, S.L. achegou un escrito en que manifesta que acadou acordos cos titulares dos montes de utilidade pública incluídos na Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico: MVMC de Seixo e Fial de Lamas; MVMC de Colúns; MVMC de Xián, Furiño, Gándara e A Ribeiratorta, e CUP Ruña.

Décimo cuarto. O 26.1.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu o informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña do 17.1.2024, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que emitiu informe favorable sobre a compatibilidade do parque eólico A Ruña II cos aproveitamentos forestais afectados.

Décimo quinto. O 2.2.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en que conclúe que, tras a visita de comprobación efectuada o 31.1.2024, «non se atoparon limitacións á constitución de servidume, polo que desde ese punto de vista se emite informe favorable sobre a DUP».

Décimo sexto. O 5.2.2024 a promotora achegou a relación de bens e dereitos afectados actualizada, co fin de incorporar os novos acordos acadados, de xeito que se reducen as parcelas que se consideran de necesaria expropiación. Ademais, achega a declaración responsable actualizada dos acordos acadados.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro); pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro); polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro); polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro), e polo artigo 39 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 246, do 29 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e as demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

• Cabe indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas alegantes, relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, así como á magnitude das afeccións. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

• No que respecta á falta de negociación por parte da promotora coas persoas afectadas, cómpre ter en conta os acordos acadados durante a tramitación do procedemento, e redúcese a necesidade de expropiación ás parcelas recollidas no anexo do presente acordo. Para estes predios, e no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora e as persoas titulares durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

• En relación coas dúas alegacións recibidas en resposta ás notificacións efectuadas o 23.8.2023 por esta dirección xeral, ás cales se fai referencia no antecedente de feito noveno, e nas cales as alegantes, na súa condición de usufrutuarias de parte dos terreos sobre os que se solicita a expropiación, manifestan a súa oposición á inclusión das parcelas en que constan como interesadas na relación de predios para os cales se solicita expropiación, posto que teñen iniciado negociacións coa promotora para a autorización de ocupación. Cómpre indicar que lle corresponde ao solicitante da declaración de utilidade pública determinar os bens e dereitos necesarios para a instalación do proxecto e solicitar a expropiación sobre aqueles en que non foi posible acadar acordos cos seus titulares. Sen prexuízo disto, o promotor e as persoas afectadas poden acadar un acordo amigable en calquera momento anterior á ocupación dos terreos. No caso de que non se chegue a acordo, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

Cuarto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia cos titulares dos montes de utilidade pública monte Ruña e monte Pedregal e Ruña, e dos montes veciñais en man común Colúns (1); Xián, Furiño, Gándara e A Ribeiratorta (2); Seixo e Fial de Lamas (3), e A Porreira e Couto (4), o 26.1.2024 o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña do 17.1.2024, recollido no antecedente de feito décimo cuarto, que se transcribe parcialmente a continuación:

«(...)

4. Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio a reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais tanto no monte de utilidade pública Ruña (Colúns) como nos montes veciñais en man común (1) Colúns; (2) Xián, Furiño, Gándara e A Ribeiratorta; (3) Seixo e Fial de Lamas, e (4) A Porreira e Couto».

De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico A Ruña II, promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L., segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico A Ruña II cos aproveitamentos forestais no monte de utilidade pública Ruña (Colúns) e nos montes veciñais en man común MVMC Colúns; MVMC Xián, Furiño, Gándara e A Ribeiratorta; MVMC Seixo e Fial de Lamas, e MVMC A Porreira e Couto.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico A Ruña II

Nº de parc. prox.

Propietario/a

Outras persoas interesadas

Parcela

Afeccións

Información catastral

Lugar

Cult.

Pleno dominio

Servidume de paso

Ser. de voo

Prot.
eól.

Ocupación

temporal

Ref. cat.

Concello

Pol.

Parc.

Sub.

Cim.

Plat.

Cam.

Tte.
pa

Gabia

Tte.
pa

Obra

6a

Concello de Mazaricos

Ventega

15046A03100063

Mazaricos

31

63

 

Costa Carballos

MT

3.107

306

1.847

2.488

Ramón Lado González

José Antonio González Cives

José Rodríguez Canosa

6b

Concello de Mazaricos

Ventega

15046A03200012

Mazaricos

32

12

 

Prado Parrulo

MT

7.136

3.562

403

10.803

Manuel Caamaño Velo

Antonio Velo Ingilde

Evaristo Velo González

Ramón Lado González

Iglexa parroquial S. Salvador de Colúns

Isidoro Caamaño Lado

Jesús e María Teresa Gesto Lourido

María Clara Alvela Cancelo

José Rodríguez Canosa

Francisco Caamaño González

José A. González Cives

Antonio Caamaño Cambeiro

Antonio Caamaño Alvela

Preciosa Caamaño Alvela

María Josefa Paris Santiago

Divina Caamaño Paris

Manuela Caamaño Paris

Ventura Lorenzo Caamaño Paris

María Soledad Lado González

Dominga Cives Casais

María González González

Dominga González Lema

Manuel Caamaño Velo

Estrella Lado Oureiro

Manuel Prados Expósito

Jesús Lourido Capelo

Manuela Fernández Lado

María Fernández Lado

Consuelo Fernández Lado

José Núñez Cervan

Domingo Lado Lado

Ventura Alvela Maceiras

María Casais Lado

Josefina Lado Rodríguez

Digna Martínez Lado

6c

Concello de Mazaricos

Ventega

15046A03300041

Mazaricos

33

41

 

O Campo

MT

326

2

623

Evaristo Velo González

Ramón Lado González

Igrexa Parroquial S. Salvador de Colúns

Isidoro Caamaño Lado

Jesús e María Teresa Gesto Lourido

María Clara Alvela Cancelo

José Rodríguez Canosa

25a

María Abuelo Carreira

 

15046A03300054

Mazaricos

33

54

 

Porreira

EU

138

25b

Ana Isabel Carreira Cancela

 

15046A03300054

Mazaricos

33

54

 

Porreira

EU

142

92

28

Manuel Cancela Cives

 

15046A03700234

Mazaricos

37

234

a

Vadela-Meiro

MM

25

196

30

Carmen Cancela Cives

 

15046A05400024

Mazaricos

54

24

 

Porreira

MT

145

342

32

Carmen Cancela Cives

 

15046A05400024

Mazaricos

54

24

 

Porreira

MT

164

228

41a

Andrés Manuel Pérez Lado

 

15046A40600001

Mazaricos

406

1

 

Herbal de Abaixo

C

117

206

41b

Andrés Manuel Pérez Lado

 

15046A40600002

Mazaricos

406

2

 

Rego tras do Ribeiro

C

8

16

41c

Andrés Manuel Pérez Lado

 

15046A40400262

Mazaricos

404

262

 

Eira

MT

5

125

25

274

43

Andrés Manuel Pérez Lado

 

15046A40600008

Mazaricos

406

8

 

Herbal de abaixo

C

1

43

46a

Josefina Blanco Oreiro

 

15046A40600154

Mazaricos

406

154

 

Porreira

MT

183

89

146

46b

Josefina Blanco Oreiro

 

15046A40600155

Mazaricos

406

155

 

Porreira

MT

394

235

324

PD= Prados ou pradeiras; MT= matogueira; EU= eucaliptus; C= labor ou labradío de secaño; MM= piñeiral madeirable; E= pastos; VT= vía de comunicación de dominio público; HG= hidrografía natural.

Afeccións do parque eólico en metros cadrados (m2):

• Pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): superficie ocupada pola cimentación do aeroxerador.

– Plataforma (Plat.): superficie ocupada pola plataforma de montaxe do aeroxerador.

• Servidume de paso:

– Camiño (Cam.): servidume de paso polas vías polas cales circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Transporte pa (Tte. pa): superficie correspondente aos sobreanchos necesarios nos camiños para permitir o voo da carga nos transportes especiais previstos.

– Gabia: servidume de paso das gabias para cablaxe con trazado independente ao dos camiños. Considérase unha franxa de 4 metros de anchura centrada no eixe da canalización.

• Servidume de voo (Ser. de voo): comprende o área de voo do aeroxerador delimitada por unha circunferencia de diámetro igual ao das pas.

• Protección eólica (Prot. eól.): considérase unha superficie de 200 metros de diámetro ao redor dos aeroxeradores, coa prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m.

• Ocupación temporal:

– Transporte pa (Tte. pa): superficie correspondente aos sobreanchos necesarios nos camiños para permitir o voo da carga nos transportes especiais previstos.

– Obra: superficie ocupada polas áreas de provisión e instalacións provisionais de obra.