DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/427-1).

Expediente: IN407A 2023/427-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de ITC no apoio proxectado nº 9QNKP4X1//77 (LAMT 20 kV CBA-805 Malpica 5).

Concello: Malpica de Bergantiños.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña CBA-805 autorizado no expediente IN407A 2003/157-1, de 296,6 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 76 (matrícula 9QLV41UD) de formigón tipo A-AG-HV-630/13-CR-6xCA(CS) e nº 78 (matrícula 9QPXIWNS) de formigón tipo A-AG-HVH-2500/13-CR-6xCA(CS), consistente en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van de 135 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 76 (matrícula 9QLV41UD) anterior e o apoio nº 77 (matrícula 9QNKP4X1) de formigón con dobre cruceta (recta e de derivación).

– Substitución do apoio nº 77 (matrícula 9DTRBEC3) polo novo apoio metálico de celosía tipo A-AG-C-2000/16-H35-6xCA(CS), no cal se proxecta instalar forrado antiescala e un reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, que pasa a ter a condición de frecuentado.

– Tendido de novo condutor tipo LA-110 no van da liña CBA-805 de 136,4 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 76 existente e o novo apoio nº 77, unha vez substituído este.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña CBA-805, de 160,2 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 77 proxectado e o apoio nº 78 existente.

Estas operacións implicarán a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 77-1 (matrícula 9QNFH1L5), de formigón tipo FL-HV-1000/11-CR, e a desconexión e desmontaxe de 8 metros de condutor tipo LA-56 (condutor existente) no treito da liña comprendido entre o actual apoio nº 77 e o apoio nº 77-1, para o substituír por 9 metros de novo condutor tipo LA-56, logo de cambiar o apoio nº 77.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren oportunas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/427-1. Instalación de ITC no apoio proxectado nº 9QNKP4X1//77 (LAMT 20 kV CBA-805 Malpica 5).

Concello de Malpica de Bergantiños.

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

Natureza
do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

Descoñecida

4164239NH1946S0001QF

Lugar de Seaia

Novo apoio

nº 77 (ITC)

2

Urbano. Solo sen edificar