DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Moeche e As Somozas (expediente IN407A 2021/234-1).

Expediente: IN407A 2021/234-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: regulamentación LMT MEA803 derivación a CT Enchousas.

Concellos: Moeche e As Somozas.

Feitos:

1. O día 18.11.2021 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de realizar obras de regulamentación na LMTA MEA803, proxéctase substituír apoios en mal estado e corrixir distancias de seguridade non regulamentarias.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado regulamentación LMT MEA803 derivación a CT Enchousas, asinado o día 11.1.2021 (visado 22100026 do 12.1.2021) por Rubén Fervenza Nicolás, graduado en Enxeñaría Eléctrica, número de colexiado 4684 de Vigo, así como a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 17.2.2023.

• BOP: 3.2.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 9.2.2023.

• Taboleiro de anuncios do Concello das Somozas: segundo o certificado municipal do 15.9.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionadas coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: concellos das Somozas e de Moeche, Deputación Provincial da Coruña e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 19.1.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas nos lugares Porto da Pena (Moeche) e As Enchousas (As Somozas) e as súas características técnicas son as seguintes:

Obras de regulamentación na LMTA MEA803, procedente da subestación Mera:

Actuación 1:

• Retensado en tramo LMTA a 20 kV, de 90 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio B5U3MB4W//140 de formigón existente e remate no apoio B5ST0343//141 de formigón existente por substituír.

• Substitución do condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 78 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio B5ST0343//141 de formigón existente que se vai substituír por un tipo C-12/1000 da LMTA MEA803, procedente da subestación Mera, e remate no apoio B5S0J939//142 de formigón existente que se vai substituír por un tipo C-16/3000.

• Retensado en tramo LMTA a 20 kV, de 121 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio B5S0J939//142 de formigón existente que se vai substituír e remate no apoio B5QG69CT//143 de formigón existente.

Actuación 2:

• Substitución de condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 106 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio B5S0J939//142 de formigón existente que se vai substituír da LMTA MEA803, procedente da subestación Mera, e remate no apoio B5U9LTEH//142-2 de formigón existente que se vai substituír por un tipo C-14/1000 na LMTA derivada a CT Enchousas (15CV06).

• Retensado en tramo LMTA a 20 kV, de 405 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio B5U9LTEH//142-2 de formigón existente que se vai substituír e remate no apoio B64QGPDA//142-6 de formigón existente que está a carón do CT Enchousas (15CV06).

• Substitución dos apoios de formigón existentes por tipo C-20/1000 nº B5WQ6U9C//142-3 e nº B62RUBR0//142-5. Apoios nº B5SP8TRA//142-1 e nº B60UQSA3//142-4 por desmontar.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 2 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente IN407A 2021/234-1-Regulamentación LMT MEA803 derivación a CT Enchousas

Concello

Parcela nº

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Pol.

Parc.

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

Moeche

1

78

38

Lugar do Monte

Prado e eucalipto

Granxa de vacún SAT número 4378 Panda

141

142

142-2

4,5

132.0

170.0

As Somozas

2

12

172

Lugar das Enchousas

Prado e eucalipto

Granxa de vacún SAT número 4378 Panda

142-3

2.3

252.0

491.0

As Somozas

3

13

133

Lugar das Enchousas

Agrario

Granxa de vacún SAT número 4378 Panda

142-5

2.3

20.0

9.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.