Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, en relación co procedemento ordinario 322/2023, interposto pola persoa con DNI 53165529V, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 30 de outubro de 2023, interposto contra outra do 15 de decembro de 2022 expediente COR/49/2021-RP1, pola que se declara que as obras consistentes nunha construción de tipoloxía residencial e a instalación dun módulo prefabricado, no lugar de Río Maior, parroquia de Lubre, no Concello de Bergondo (parcela catastral 15008A059002950000XG), non son legalizables por ser incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras e a reposición dos terreos afectados ao anterior ao inicio das obras, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a persoa con DNI 47381705A para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística