En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:
Solicitante: Ana Mª Peteiro Rodríguez.
DNI: 3489*****.
Expediente: DH.W15.96566.
Lugar: Prados (referencia catastral: 8810703NJ6281S0001HM).
Parroquia: Sedes (Santo Estevo).
Concello: Narón.
Descrición das obras: as obras solicitadas consisten no peche de parcela mediante dúas filas de bloques e malla metálica.
A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
A Coruña, 2 de febreiro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica Galicia Norte