DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16133

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 11 de marzo de 2014 mediante a Resolución do secretario xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do Sistema universitario, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional pola Universidade de Vigo.

Vigo, 20 de febreiro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional

Código RUCT: 4314063.

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

30

Prácticas externas

-

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulos

Metodoloxía da Investigación

6

Obrigatoria

Obrigatorio

Aspectos Profesionais da Tradución e da Interpretación

6

Obrigatoria

Emprendemento para a Tradución e a Interpretación nas Dinámicas do Mercado Laboral

6

Obrigatoria

Tecnoloxías Aplicadas á Tradución

6

Obrigatoria

Cine e Tradución

6

Optativa

Tradución para a comunicación intercultural

Tradución Publicitaria

6

Optativa

Tradución de Videoxogos

6

Optativa

Tradución e Patrimonio

6

Optativa

Tradución e Servizos Culturais

6

Optativa

Tradución e Cooperación Transfronteiriza

6

Optativa

Dereito Aplicado á Tradución

6

Optativa

Tradución para o comercio internacional

Economía Aplicada á Tradución

6

Optativa

Estratexias de Tradución Exportación/Importación

6

Optativa

Tradución Especializada Xurídico-Administrativa Inglés-Galego-Inglés/Inglés-Español-Inglés

6

Optativa

Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Francés-Galego-Francés/Francés-Español-Francés

6

Optativa

Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Portugués-Galego-Portugués/Portugués-Español-Portugués

6

Optativa

Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Alemán-Galego-Alemán/Alemán-Español-Alemán

6

Optativa

Tradución Especializada Económico-Comercial: Inglés-Galego-Inglés/Inglés-Español-Inglés

6

Optativa

Tradución Especializada Económico-Comercial: Francés-Galego-Francés/Francés-Español-Francés

6

Optativa

Tradución Especializada Económico-Comercial: Portugués-Galego-Portugués/Portugués-Español-Portugués

6

Optativa

Tradución Especializada Económico-Comercial: Alemán-Galego-Alemán/Alemán-Español-Alemán

6

Optativa

Terminoloxía en Tradución

6

Optativa

Textos e Discursos Especializados: Tradución de Textos do Ámbito da Biomedicina

6

Optativa

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatoria

Traballo fin de máster

Para obter o título de máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional pola Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 60 créditos ECTS de que consta o máster.