DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2024 Páx. 16037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Lalín (expediente DH.A36.62931).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ana María Pereira Blanco.

DNI: ***8178**.

Expediente: DH.A36.62931.

Volume total anual: 2.978,40 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,75 l/s.

Destino: uso doméstico e gandeiro.

Orixe: pozo de barrena.

Lugar: Erbo.

Parroquia: Sello.

Concello: Lalín.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación dun pozo de barrena situado na parcela de referencia 36024A052002460000AK, e o seu bombeo con bomba de 1 CV ata a explotación de gando situada na parcela 36024A052002560000AS e a vivenda na parcela 2895407NH7229N0001FJ, previo paso polo depósito na parcela 36024A052001750000AP e mediante tubaxes de 40 mm de diámetro.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro